|
Nones Araújo naceu en Riós (Ourense no ano 1953, viviu en Verín ata os 13 anos e formou en Vigo, co seu compañeiro de vida, a súa familia: dúas fillas e un neto.
Mestra vocacional, xa xubilada, exerceu a profesión en distintas especialidades, adquiridas ao longo da carreira docente: Preescolar, Pedagoxía Terapéutica, Lingua Castelá na Segunda Etapa de E.X.B. e Lingua Galega. Nos últimos quince anos deu clases de secundaria no IES Alexandre Bóveda de Vigo. En etapas anteriores, no colexio Dr. Fleming, no CEIP Balaídos e no colexio San Francisco, de Educación Especial.
|